|
Lenda de San Valentín
A historia do día de San Valentín comeza no século terceiro cun tirano emperador romano
e un humilde mártir cristián. O emperador era Claudio III. O cristián era Valentino. Claudio
ordenara a tódolos cristiáns adorar a doce deuses, e declarara que asociarse con cristiáns era un crime castigado coa pena de morte.
Valentino dedicárase ós ideais de Cristo e nin sequera as ameazas de morte o
detiñan de practicar as súas crenzas. Valentino foi arrestado e enviado a
prisión. Durante as últimas semanas da súa vida, algo impresionante sucedeu. O
carcereiro, sabendo que Valentino era un home de letras, pediulle permiso para
traer a súa filla, Xulia, a recibir leccións de Valentino. Xulia, que era cega
desde o seu nacemento, era unha rapaza preciosa e de mente áxil. Valentino
leulle contos da historia romana, ensinoulle aritmética e faloulle de Deus. Ela
viu o mundo a través dos ollos de Valentino, confiou na súa sabiduría e
encontrou apoio na súa tranquila fortaleza.
"¿
Valentino, é verdade que Deus escoita as nosas pregarias
?" Xulia preguntoulle un día. "Si, miña nena. El escoita todas
e cada unha das nosas pregarias," respondeulle Valentino. "¿
Sabes o que lle pido a Deus cada noite e cada mañá
? Eu rezo para poida ver. Teño grandes desexos de ver todo o que me
contaches !" Valentino
contestoulle, "Deus sempre fai o mellor para nos, se cremos Nel." "Oh, Valentino,
eu si creo en Deus", dixo Xulia con moita intensidade. "Eu creo." Ela
axeonllouse e apertou a man de Valentino. Sentáronse xuntos, cada un en
oración. De súpeto, unha luz brillante iluminou a celda da prisión. Radiante,
Xulia exclamou, "Valentino, podo ver, podo ver!" "Gloria a Deus!" exclamou
Valentino.
Na véspera da súa morte, Valentino escribíulle unha última carta a
Xulia pedíndolle que se mantivera preto de Deus e firmouna "Do Teu Valentino". Valentino foi executado
ó día seguinte, o 14 de febreiro do ano 270, cerca dunha porta que máis tarde fora nomeada Porta de Valentino para honrar
a súa memoria. Foi soterrado na que é hoxe a
Igrexa de Praxedes en Roma. Conta a lenda que Xulia plantou unha
Amendoeira
de flores rosadas xunto a súa sepultura. Hoxe,
a árbore
das améndoas é un símbolo de amor e amizade duradeiros. En cada 14 de febreiro,
o día de San Valentín, mensaxes de afecto, amor e devoción son intercambiados
arredor do mundo.
Outra historia relata que San Valentín foi
sacrificado porque dedicouse a casar parellas a pesar de que o emperador llo
prohibira. Ó parecer, o dirixente romano tiña a crenza de que os soldados
casados non eran tan bos e eficientes coma os solteiros.
Ademais, na antiga Roma, o 15 de febreiro celebrábase o día da fertilidade ou lupercalia, en honor do
deus Lupercus.

Eros ou
Cupido, o deus do
amor
Eros non figura entre
as divindades primordiais, senón que é fillo de Afrodita, a deusa que
personifica o amor e é un dos deuses máis novos do Olimpo.
Eros
é a forza misteriosa que coordina os elementos
e asegura a perpetuidade da vida.
As festas na súa honra chámanse erotidia
e
celébrase cada cinco anos. En Atenas tiña un altar
e algúns outros templos en diversos puntos, pero en
xeral,
o seu culto
ía asociado a outras divindades, como Afrodita
e as Gracias.
O tipo de Eros modifícase co tempo a través do arte. As primitivas figuras, obxecto de culto, son pedras en bruto. Despois Eros, adquire forma humana,
e máis tarde añádenselle
ás para expresar a lixereza de acción do deus. A partires do século V Eros aparece con aspecto de adolescente, case sempre na compañía de Afrodita.
Ademais das ás, atributo
case constante en Eros, leva con frecuencia arco e frechas.
O arte helenístico
preséntao como un neno de gran beleza, nu e de aire traveso.
Por último, na época helenística, Eros cobra un carácter fúnebre
e represéntaselle en estelas e sarcófagos. Tamén se relaciona
con Psiquis, de quen se di que o el deus estivo namorado.
É a máis
fermosa das historias relativas a Eros a de Psiquis,
personificación da alma humana. Psiquis era unha fermosa doncela amada de Eros,
que a levou a un castelo, onde vivía soa; nunca se mostraba a súa amada, que
debía recibirlle na máis absoluta escuridade. Ela, muller ó fin e picada pola
curiosidade prendeu unha vez una lámpada de aceite e contemplouno; extasiada pola fermosura de Eros, inclinou sobre el a
lámpada e as gotas de aceite fervendo que caeron sobre o seu corpo nu espertando a Eros, que desapareceu irritado; Psiquis quedou
abandonada na terra, soa e desconsolada, ata que despois de moitas tribulacións
obtivo o perdón de Eros, e os deuses lle concederon a inmortalidade, que desde
entón gozou no Olimpo en compañía do amado.
No mundo romano recibiu o nome de
cupido.

|