Nesta
páxina ofrécense algunhas das actividades que temos realizado no meu centro e
tamén sitios web, de
onde
poderedes sacar gran cantidade de recursos educativos,
para traballar na Semana do 30 de xaneiro ou noutro intre.
Durante a semana do 30
de xaneiro, na maioría dos centros educativos, realízanse actividades para
conmemorar o Día da Paz e non Violencia.
Ese día é o aniversario
da morte de da morte de Mahatma Gandhi, e propugna
“unha educación permanente en e para a concordia, a
tolerancia, a solidaridade, o respecto aos dereitos humáns, a non violencia e a
paz”. Para saber máis, sobre o ¿por que? desta data, podes consultar
aquí. |
|
Este ano creo que deberíamos orientar as
nosas actividades cara o proceso de Paz do noso querido
País Vasco. Porque moito falar da Paz no mundo que nos rodea, pero non
nos paramos a pensar en que aquí andamos moi necesitados dela, e podemos facer
moito máis do que pensamos para acadala. Unha boa
iniciativa sería empezar por darlle un vistazo
á web
que o
Lehendakari
Ibarreche nos ofrece para que aportemos as nosas
opinións. Ademais, tamén dispón dunha serie de
documentos
sobre o Proceso de Paz que poden ser de moita utilidade. |