|
Hoxe en día continúa a loita pola igualdade
entre homes e mulleres.
¿Hai
igualdade
entre homes e mulleres ?
O que se reivindica é unha
igualdade de dereitos entre ámbolos
sexos,
e non só na redacción das leis, senón na aplicación das mesmas e nos seus resultados, pois unha lei magnífica pode ser mal aplicada e incluso, estando ben aplicada, pode ir en contra dos obxectivos cos que se deseñara dita lei.
Estes aspectos deben seguir sendo reivindicados, pois o obxectivo final da
igualdade non se conseguiu, e para elo simplemente temos que remitirnos
aos datos de desemprego, horas de traballo dentro do fogar e fora del, posición laboral, soldos, abusos, agresións, etc.
Aínda queda moito por facer
e hai marxe para mellorar o apoio ás familias no
ámbito salarial, fiscal e educativo: equiparación salarial, mellorar as
prestacións fiscais por fillos, ampliar a educación gratuíta aos cero anos para
favorecer a incorporación da muller ao traballo...
Por outra banda,
é prioritario incidir na formación cultural e educativa,
para erradicar hábitos e culturas de discriminación, de marxinación ou de
violencia de xénero.
Non debemos esquecernos das
mulleres inmigrantes que por ser muller e por ser
inmigrante sofre un dobre proceso de discriminación, que as fai especialmente
vulnerables.
As conquistas foron moitas desde 1908,
pero queda dabondo por facer. |