|
A orixe desta
data é algo controvertida.
A versión máis escoitada di
que:
A comezos do século XX, moitas mulleres incorporáronse ó traballo nas fábricas nunhas condicións moi duras: xornadas laborais
moi longas, de doce e máis horas, recibindo salarios inferiores
aos dos
homes.
A medida que as mulleres se ían incorporando
ao mundo laboral, facíase máis evidente que aquela situación
non era xusta, e pouco a pouco empezaron a organizarse.
Unha das protestas, reivindicando mellores condicións laborais, foi a que protagonizaron as traballadoras da fábrica téxtil
Cotton de Nova York, en Estados Unidos.
Era o
8 de marzo de 1908 e as traballadoras encerráronse no interior para pedir que se lles reducira a súa xornada laboral a 10 horas.
Os propietarios da fábrica decidiron incendiar o edificio para facelas saír de alí, pero o resultado foi de
129 traballadoras mortas.
A cor lila con que se identifica este día é porque dese
ton era o tecido que estaban a facer as obreiras o día que morreron.
Unha segunda versión di:
Que a anterior está baseada en feitos
erróneos, xa que nunca existiu tal incendio e que o feito que se lle achacara
ao
mesmo pode deberse a que os historiadores conservadores norteamericanos e
europeos quixeron ocultar a orixe comunista desta celebración. A decisión de
converter esta celebración nunha festividade internacional correu a cargo de
Clara Zetkin (1857-1933), líder do movemento alemán de mulleres socialistas.
Pero a proposta presentada non era do todo orixinal. Tiña uns antecedentes nos
que inspirarse, o Women's Day que as socialistas estadounidenses levaban
celebrando desde 1908, coa finalidade de reivindicar o dereito ó voto para as
mulleres.
Estes son os feitos puntuais,
que nos serven de referencia concreta para conmemorar este día, pero
o
8 de marzo
é moito máis ca celebración duns feitos concretos. Por iso, neste día,
dedicamos unha xornada de reflexión sobre o longo
camiño cas mulleres tiveron que percorrer para ver recoñecidos os seus dereitos.
Só temos que fixarnos que entre o ano
1908, en que sucederon os feitos da fábrica
Cotton en Nova York, e 1975
cando Nacións Unidas declara o 8 de marzo "Día Internacional da Muller", pasaron
case
70
anos.

O día da muller traballadora é unha
xornada de conmemoración, e non de celebración, porque recorda un feitos moi desgraciados como para festexalos.
Todo
isto deu pé,
ás mulleres,
a
tomar iniciativas
para
ser tratadas co respecto que se merecen tódolos seres humanos.
Para saber máis sobre a historia:
|