|
Personaxes:
(Paisaxe con unha caverna ó fondo ;explanada con peles secándose encima de pedras froitos secos,peixes colgados en paos) NARRADOR: Din os libros que os nosos antepasados vivían en covas para protexerse do frío e do mal tempo. Alí preparaban a comidas durante o día e durmían pola noite. Pero o resto do tempo non estaban sen facer nada. O noso protagonista, Xan, que quere dicir habitante das cavernas, nunca deixaba de maquinar cousas coa súa pequena cabeza... XAN:- ¡Xiana! ¡Xiana! ¡ven axiña! Hoxe teño unha gran idea. XIANA: -¿qué idea? XAN:-Achégate onda min, para que os nosos primos non nos oían. Sempre se queren meter nas nosas cousas e xa me están cansando. XIANA:-Di,¿qué é o que me queres contar? XAN:-Hoxe baixaremos ata ó río que está detrás da cova e alí ensinareiche uns peixes que teñen raias. XIANA:-¿raias? Nunca vin un peixe con raias. XAN:-Pois hoxe valos ver. (Cando van saír aparecen os seus primos) PRIMO:-Xan, Xiana ¿adonde ides? XAN:-A ningures PRIMA:-Iso paréceme imposible, sempre vos traedes algo entre mans. XAN:-Chtisss... é un segredo para Xiana , a miña irmá. PRIMO:-¡Cóntanos ese segredo por favor! XAN:-E que quero darlle unha sorpresa a Xiana. PRIMA:-Xiana, déixanos participar da sorpresa tamén a nos, por fi... Xa sabes que nós somos os teus primos preferidos. XAN .- Xa XIANA:-¡¡Valeeeee! Imos todos xuntos, a min non me importa, pero con unha condición. PRIMO:-¿Cal? XIANA :-Que non llo concedas ós primos maiores ;eses sempre nos están a espiar e vanllo contar todo ós nosos pais, e claro, logo non nos deixan saír. PRIMA:-Ben iso está feito (cruza os dedos índice e lévaos á boca repetindo: Nada direi, nada direi para min soiña o gardarei. XAN :-¿E ti primo que? PRIMO:-De acordo, eu tamén recito a miña promesa Nada direi, nada direi para min soiño mo gardarei. XIANA:-Ben imos logo, antes de que veña alguén. XAN:-Andando, que xa é tarde. (Saen cantando unha canción) “Imos cantando ó río xa vou, xa vou xa vou, xa vou imos para ó río onde nos esperan peixes de cores xa vou, xa vou xa vou, xa vou. SEGUNDO ACTO (Arbores ó lado do río. Se escoitan paxaros e os árbores móvense. Chegan os nenos e tómbanse ó lado do río) XAN.-¡Ssssss! Si facemos ruído os peixiños non saen. PRIMA:-¿Onde está a sorpresa? Todos sabemos que os peixes están no río. XIANA:-Xa o sei prima, pero Xan díxome que hai peixes de raias PRIMO:-¿De raias? XAN:-Si, de raias pero temos que estar calados se non non saen. TODOS :-Valeeeee (Óese unha música de fondo e eles miran para abaixo intentando distinguir os peixes) XIANA:-Eu creo que se agachan debaixo do barro. PRIMA:-Eu tamén vin como se moven as plantas do fondo. XAN:-Esperade un momento, vou remover co meu pao, así... XIANA:-¡esquí! ¡esquí! ¡Algo se move! XAN:-Será mellor que pare de remover a auga, para que non se enturbe máis. (Música de fondo) TODOS:-¡Oooooh! XAN:-¡Por fin! Fixarvos que raias de cores tan distintas. XIANA:-¡Son tan bonitas! PRIMO:-Xan, ti cres que poidamos coller algún? XAN:-Son moi grandes, pero un... quizais si poidamos levalo para a cova. PRIMA:-Xiana imos coller unhas follas grandes desta árbore para envolvelo mentres o meu irmán e Xan intentan pescalo. XIANA:-De acordo. XAN.-¡Eh, vinde! ¡vinde axiña! collín un peixe de raias. Vinde. Correde. XIANA:-Xa estamos eiquí. ¡Oh! ¡que marabilla¡ ¡Que peixe máis bonito! PRIMO:-Imos envolvelo coas follas. PRIMA:- ¡Levámonolo! XAN:-¡Vedes como o logramos! XIANA.-Gracias Xan a túa idea é marabillosa. TERCEIRO ACTO Un cruce de camiños, os nenos séntanse a descansar. O narrador aparece por unha esquina) NARRADOR.-Esta historia tenvos un misterio, porque os homes e mulleres daquela remota época, que vos recordo eran trogloditas, non tiñan ningunha das cousas que agora a nós, nos parecen imprescindibles. Por esa razón ían sempre cos ollos ben abertos para ver se descubrían algo novo a cada paso. ¡Estade atentos! ¡Algo grande vai ocorrer! PRIMO.-Somos os primeiros que collemos un peixe con raias de cores. XAN:-Si, a verdade é que cando o vin por primeira vez, pareceume marabilloso, pero agora, que o temos tan pretiño, en fin, pareceume que tivemos moita sorte cando o collemos no río. Si, Si... PRIMA:-Cando o contemos na cova, non nolo van crer ¡eh! XIANA.-Pois non terán outro remedio que crelo. (Está apartada do grupo xogando cun pao). XAN:-Dentro duns días, cando a carne do peixe estea seca, ímonos dar un banquete. ¡Humm!. PRIMO:-Por suposto. PRIMA:-¡Xa me estou relambendo! XIANA:-A nós tennos que tocar unha parte máis grande porque o topamos, o pescamos e o secamos. ¿non si? (Segue xogando co pao e sen querer fai o debuxo do peixe, do río. Leda grita: ¡Xan, primo, prima! ¡vinde axiña! XAN:- ¿Que pasa? PRIMO:-¿Que estás facendo? ¿Non estarás molestando aos espíritos? PRIMA:-¡¡Huuuuyy!! ¡que medo! XIANA:-Eu non molestei a ninguén, so estaba xogando con este pao e apareceu un... non sei, apareceu outro peixe no chan. XAN .-Tranquilos, calma, imos pensar... (Séntase ao redor do debuxo e repásao co dedo e, fai outro igual). TODOS;-¡Oooooh! ¡outro! PRIMO:-¿Serán os espíritos? PRIMA:-¡Teño medo! XIANA:-Non te asustes, seguro que Xan sabe o que é. XAN:-Non sei o que é, Xiana, pero se o fixemos a partir da Natureza, seguro que non é nada malo. Será mellor que volvamos á cova, os nosos pais e parentes teñen que coñecer algo tan sorprendente. XIANA:-¿Pero como imos levalo? XAN:-É certo, pois imos poñelo nesta rocha e ao seu lado o peixe. TODOS:-Estupendo. CUARTO ACTO (Chegan os nenos co seu descubrimento. Saen da cova os pais, os tíos e os primos sorprendidos) XAN:-¡Pai! ¡nai! Mirade, dous regalos da Nai Natureza: un peixe de raias e algo que non sabemos o que é. NAI:-Fillos ¿onde estivestes? XIANA:-Xunto ó río, detrás da cova. TÍO:-Non estariades molestando a alguén? XAN:-Non te preocupes tío, que non fixemos nada malo e ademais non molestamos a ninguén. TÍA:-Será mellor que baixedes eses regalos para que non vos pesen tanto. PRIMO 3:-¡Seguro que son parvadas! PRIMO 4:-Como sempre. PAI:-Fillos imos ver o que trouxestes. NAI :-¿Que é eso que traedes pegado a esa pedra? XIANA:-Non sabemos nai, eu estaba a xogar cun pao, e, sen querer o peixe pegouse na pedra. TIA :- E o peixe como o secastes para pegar na pedra. XAN :-Non, non Xiana estaba co pao xogando na terra e de pronto apareceu ese peixe. XIANA:-Si, pero ó pisar nel desaparecía, volvía xogar co pao e o coller a terra para tráelo, volvía desaparecer. PRIMO:-Nos pensamos que eran cousas dos espíritos, que estaban enfadados. PRIMA:-Eu pasei un pouco de medo. XAN:-Collemos unha pedra afiada, e, puxemos o peixe aquí. PAI:-Non podemos seguir falando así. Temos que darlle un nome. NAI:-Pero ¿cal? XIANA:-Tamén podo facer árbores, o río... PAI:-Desde agora a estas copias dos obxectos que se poidan facer da Nai Natureza, chamarémoslle...”debuxos” TÍO:-Temos que darlle as gracias a Nai Natureza porque nos regalou os debuxos para as nosas covas e, estas pinturas servirán para falar entre nos. XIANA:- E tamén van servir para comunicarnos con outras persoas . NAI:-Claro que si ¿qué ben! TODOS:-¡Grazas! (colócanse ao redor do peixe para bailar) ARAM SAM, SAM ARAM ,SAM,SAM. CUNI,CUNI,CUNI CUNI BIS CUNIRAM,SAM SAM. AGABI,AGABI CUNI CUNI,CUNI.CUNI CUNIRAM,SAM,SAM BIS
NARRADOR:-Deste xeito, ou outro moi parecido, os seres humanos foron protagonistas, dun dos máis grandes descubrimentos da Humanidade: A Linguaxe. Invítovos a todosa a que nos acompañedes nesta danza de Aleluia. FIN |
||