|
Adaptación realizada por María del Carmen P.A. (Emece8) Personaxes:
Obra: DUENDE 1: ¡Ola! DUENDE 2: ¡Ola, ola! DUENDE 3: ¡Requeteola! DUENDE 1: Eu son Un. DUENDE 2: Eu son Don. DUENDE 3: Eu son Dina. DUENDE 1: Ímosvos contar unha historia. DUENDE 2: (en ton burlón) Con pan e cenoria. DUENDE 3: ¡MMMM, qué rico! ¡pan e cenoria! DUENDE 1: Veña, empeza ti. DUENDE 2: Non, empeza ti. DUENDE 1: É mellor que empeces ti. (O duende 3 sígueos coa mirada, como se vira un partido de tenis de mesa) DUENDE 3: Alto, alto. Nin ti, nin ti, nin eu. Será mellor que o botemos a sortes: Un, Don, Dina, da buli buli banda Un avión que chegou de Francia Neno, ven aquí. Eu non quero ir. Un, Don, Dina, que che toca a ti. (tócalle a Duende 1) DUENDE 1: Bueno, vai…………. Comezarei eu, como sempre. Había unha vez, fai moito tempo……… DUENDE 2: (Sacudindo a man) ¡Hummm, canto tempo! DUENDE 3: .. Unha pulga e un piollo que se querían casar, pero eran moi pobres. DUENDE 2: (Con cara de asombro e esaxerando). ¡Non tiñan nin pan! DUENDE 1: (Triste) ¡Que pena! DUENDE 3: E tampouco tiñan nada para beber! DUENDE 1: Xa o dixen eu, eran moi pobres e non podían celebrar o banquete da súa voda (aparecen a pulga e o piollo). PULGA: ¡Ai, Pioxosé! ¡Que pobres somos! Non temos nada que levarnos á boca, nin sequera un canciño pequinés. PIOLLO: Tranquila, Maripulga, non te queixes. Xa verás como todo se arranxa. PULGA: Iso espero, Pioxosé. Pero ¿Que podemos facer? PIOLLO: ¡Xa o teño!: chamarei as miñas mellores amigas, as formigas. (O piollo berra cara un dos lados do escenario) ¡Formigas, formigas! ¿quédanvos migas? PULGA: (Berrrando) E que nos queremos casar e non o podemos celebrar. ¡Ai Pioxosé! ¡Ahí veñen! (Aparecen as formigas, que pasean antes de falar). FORMIGA 1: Claro que nos quedan migas, Don Pioxosé. Somos as formigas do formigal e na vosa voda teredes pan. FORMIGA 2: ¡Iso, iso! pan, pero non queixo. FORMIGA 3: (Moi nerviosa) E, e, e…….. ¿poderiamos quedar á voda? PIOLLO E PULGA: ¡Encantaríanos! (A pulga e o piollo cantan) PIOLLO: ¡Pan xa temos, xa temos pan! PULGA: Pero ¿a carne... onde a atoparemos? PIOLLO: Ocórreseme unha idea. PULGA: ¿Cal? PIOLLO: Poderiamos chamar as cadeliñas da caneira. Son moi boas amigas miñas.(Berra cara un dos lados do escenario) PULGA: ¡Oxalá nos axuden! PIOLLO: ¡Laniñas, Chiqui, Caracola! (Saen marchando ao son da música) LANIÑAS: Somos as cadelas da caneira, e traemos carne de tenreira. CHIQUI: E sacadas dos nosos buratos, un montón de ósos de polo. PULGA: ¡Que ricos! CARACOLA: E, e, e…. ¿poderíamos quedar a voda? PIOLLO e PULGA: ¡Encantaríanos! (Cantan a pulga e o piollo) PIOLLO: ¡Carne xa temos, xa temos carne! PULGA: Pero, ¿e os refrescos, onde os atoparemos? PIOLLO: Pois…. ¿Qué che parece se chamamos ao mosquito que vive no froital? ¡El pódenos dar todos os refrescos que queiramos! PULGA: ¡Que ben! (O piollo berra cara a árbore do escenario) PIOLLO: ¡Mosquito, mosquito, asómate un pouquiño! MOSQUITO: (Enfadado) ¿Que pasa, que pasa? PIOLLO: Que a pulga e eu queremos casar e non temos refrescos para o banquete ¿poderías axudarnos? MOSQUITO: Pois claro. Como son o mosquito do froital, na vosa voda teredes zumes frescos en cantidade. FORMIGA 1: Se pode ser, señor mosquito, para min zume de melocotón, que me gusta un montón. FORMIGA 2: E para min de laranxa, por favor. FORMIGA 3: E, e, e…. para min de mandarina, que din que é cousa fina. LANIÑAS: Pois se vos poñedes así, para nós, zume de miñoca. PULGA: ¡Oh, que feliz son, Pioxosé! PIOLLO: ¡E verdade! (cantando con alegría) ¡Xa temos refrescos! PULGA: Si, xa os temos, iso é divino, pero ¿onde atoparemos ao padriño? (Póñense os dous moi tristes e aparecen ratos marchando ao son da música) FORMIGA 2: ¡¡Mirade, mirade alí!! RATOS: Somos os ratos dos muíños, e queremos ser os padriños. PULGA: ¡Ben Pioxosé! ¡Padriños xa temos, xa temos padriños! PIOLLO: Pero agora a madriña, ¿onde a atoparemos? (Aparecen unhas ratiñas marchando ao compás da música) RATIÑAS: Somos as ratiñas da cociña, e queremos ser as madriñas. PULGA: ¡Sí!. ¡Viva! ¡Madriñas xa temos, xa temos madriñas! PIOLLO: ¡Viva! ¡Xa podemos comezar a voda! TODOS: ¡Beeeennnn! ¡Vivan os noivos! (Bailan todos moi contentos) (Os Duendes achéganse ao público) DUENDE 1: Pois segundo nos contan os máis vellos do lugar… DUENDE 2: Estando na voda, bebéndose o zume…. Chegaron uns gatos gatunos. DUENDE 3: E xa se sabe, ratos con gatos, non fan bo trato. (Aparecen os gatos con cara de poucos amigos) GATOS: Somos os gatos mininos…… e queremos comernos aos padriños!!!!!!!! (Perseguen aos ratos). DUENDE 1: …E antes de que isto acabe mal….. DUENDE 2: ….E nos dean un bocado…… DUENDE 3: …. Dicímosvos a todos que……. OS TRES DUENDES: ¡Con un plis, e con un plas….. este conto, rematou ..…XA! FIN |
||