|
Obra adaptada por Mª do Carmen P. A. (EMECE8) Personaxes:
Obra COELLIÑOS: ¡Ola Mozos! ¡Que ben se está no campo! COELLO 1: Todo está tranquilo. COELLO 2: ¿Todo? COELLIÑOS: ¿Non oídes esa música tan alegre? OVELLIÑAS: 1, 2, 3, 4, 5, 6 As ovelliñas Van a pastar onde a herba máis rica está. OVELLA 1: Nos, vestimos a vosa pel e se tendesfame queixo vos damos tamén ¡Beee! OVELLA 2: Para a cabeza facedes gorros e gorras e para o pescozo panos e bufandas. ¡Beee! OVELLA 3: E de la, amigos, tamén facedes luvas para as vosas mans ¡Beee! OVELLA 4: Para o corpo, saias, pantalóns camisas, camisetas abrigos e chaquetas ¡Beee! OVELLA 5: 1, 2, 3, 4, 5, 6 as ovelliñas están asustadas porque o lobo malo tenas vixiadas. VECIÑOS: ¡Ola ovelliñas! ¿Queredes comer? OVELLAS ¡Beee! VECIÑOS: Iredes con Pedriño, el coidaravos OVELLAS: ¿Beee? VECIÑOS: ¡Pedriño, Pedriño! ¡Faise tarde! PEDRIÑO: Perdón, durminme. VECIÑOS: As ovellas teñen fame, ¡lévaas e cóidaas ben! CONELLIÑOS: Non parece un mozo responsable. PEDRIÑO: ¡Imos ovelliñas! Imos pasalo ben. OVELLAS: ¡Beee! PEDRIÑO: Non teño nada que facer, non teño que comer. ¡Non hai con quen xogar! ¡As ovellas abúrrenme! OVELLA 4: ¡Beee! PEDRIÑO: ¡Si! ¡Aburrídesme! COELLOS: ¿Que estará pensando Pedriño? PEDRIÑO: ¡Gastarei unha broma aos veciños! ¡Socorro! ¡Socorro! ¡Que vén o lobo! ¡Auxilioooo! COELLOS: ¡Será mentiroooso! VECIÑOS: ¡Xa imos Pedriño! ¡Imos axudarche! ¿Onde está o lobo? PEDRIÑO: ¡Ja, ja, ja! ¡Enganeivos! ¡O lobo non está! VECIÑOS: ¡Iso non se fai! ¡Asustáchesnos! COELLOS: ¡Que enfadados se foron os veciños! PEDRIÑO: ¡Que divertido! Enganeinos a todos ...¡Volverei facelo! COELLOS: ¡Por favor, dicídelle que non! PÚBLICO: ¡Nooooo! PEDRIÑO: Non oio nada. ¡Que forte sopra o vento! COELLOS: ¡Contestádelle máis forte! PÚBLICO: ¡Noooooooo! PEDRIÑO: ¡Sodes uns galiñas! ¡Non vos sabedes divertir! OVELLAS: ¡Beeee! PEDRIÑO: ¡Socorro, socorro! ¡Que vén o lobo! ¡Auxilioooooo! OVELLAS: ¡Beee! VECIÑOS: ¿Será outra broma? ¡Imos axudarlle! ¿Onde está o lobo? PEDRIÑO: ¡Ja, ja, ja! ¡Enganeivos! ¡O lobo non está! VECIÑOS: Pedrito, ¡es parvo! ¡Isto non se fai! PEDRIÑO: Estes veciños.... non saben aguantar unha broma. OVELLA 1: ¡Que medo! ¡Cheira a lobo! OVELLAS 2 e 4: ¿Oídelo? ¡É terrible! ¡Estamos perdidas! OVELLA 4: ¡Está aí! ¡ Beee! COELLIÑOS: ¡Avisemos a Pedriño! ¡É o lobo! ¡Gritade connosco! ¡É o lobo! PÚBLICO: ¡É o lobo! LOBO: ¡Ovelliñas!.... ¡Estou aquí! OVELLAS: ¡É o lobo! PEDRIÑO: ¡Socorro! ¡Socorro! ¡É o lobo! ¡Auxiliooo! LOBO: ¿Que fan unhas ovejitas tan guapas nun pasto solitario? OVELLAS: ¡Beee! VECIÑOS: ¡Que pesado é Pedriño! Non é verdade. Seguiremos traballando. PEDRIÑO E OVELLAS: ¡Socorro! ¡Socorro! LOBO: ¡A todas comereivos! ¿Por cal empezarei? ¡Je, je, je! PEDRIÑO: ¡Socorro! ¡Socorro! ¡O lobo está aquí! ¡Veciños vinde! ¿Por qué non oídes? ¡Socorro, Socorro! Quédome sen nada. ¡¡¡Fun un bobo!!! PANO |