|
Personaxes:
Narradores: Chega o Nadal... Narrador 1: ¡Ola amigos! O que agora imos contar aconteceu hai moito tempo, nun país moi lexano. Narrador 2: Era de noite e uns pastores gardaban o rebano. (Os pastores están gardando o rebano) Narrador 1: De repente apareceulles un anxiño que lles falou así: Anxo: Pastores, non teñades medo. Véñovos a dar unha gran noticia: "Ide a Belén. Acaba de nacer un neno que encherá de ledicia a todo o mundo. Atoparédelo nunha casiña moi pobre, deitado nun pequeno berce". Narrador 2: Neso que onda o anxo apareceu un grupo de anxos que cantaron: Anxos: Gloria ó Noso Deus, no alto dos ceos e na Terra Paz a xente por El amada. (bis) Pastor 1: ¿Oístes? Pastor 2: ¿Que facemos? Pastor 3: O anxo dixo que foramos a Belén. Collede os regalos e... ¡imos! Pastor 4: Adiante pastores... Pastores: ¡Si, si... imos todos! Narrador 1: Antes de que saíse o Sol, os pastores puxéronse en camiño, cara a Belén. (O tamborileiro) Narrador 2: Ó chegar a Belén, de seguida atoparon unha casiña moi pobre, parecía abandonada. Narrador 1: Os pastores íanse aproximando con curiosidade. Pastor 1: Oes, mira a ver se é ese o lugar que buscamos. Pastor 3: Pois, pois ... vexo un home e unha muller.¡Ah! Tamén vexo a un neniño moi bonitiño deitado nunha pobre berce. ¡Tal e como nos dixo o anxo! Pastora: ¡Pois! ¿Que facemos aquí? ¡Imos aló! (Música) Pastor 3 (Manuel): Pois, pos... Querido Neno, eu son moi pobre e só teño o meu corazón para ofrecerche; aínda que me gustaría darche algo máis, pero... Pastor 1: ¡Eh, Manuel! Ti sabes facer algo moi ben. ¡Tocar o pandeiro! Pastores: ¡Eso, eso! (Toca o pandeiro Manuel...) Narrador 2: Mentres tanto, a noticia chegara ó deserto. Narrador 1: Por el cabalgaban tres homes moi bos e sabios: Os Reis Magos. Narrador 2: Cando chegaron onda o Neno, puxéronse de xeonllos para adoralo e despois: Melchor: Querido Neno, ofrézoche ouro, porque ti es Rei. Gaspar: Pois, eu ofrézoche incenso, porque ti es Deus. Baltasar: E eu, mirra porque ti es Home. (Música) Narrador 1: María tomou nos brazos a Xesús e preguntou: María: ¿Como sabiades que estabamos aquí? Melchor: Temos visto unha estrela que brilaba noite e día. Gaspar: Así decidimos seguila. Baltasar: E así, temos chegado ata aquí, para adorar ó Neno. San Xosé: María, o Neno e eu, San Xosé, dámosvolas gracias a todos vós. E desexamos que de verdade, o Neno Xesús traia a PAZ e o AMOR a este mundo. Melchor: Ben, xa é hora de que nos vaiamos, para que o Neno durma. Pero antes gustaríanos cantos con todos estes pastores algunha panxoliña ó Neno. Pastor 3: ¡Pois veña! (Navidad, Navidad) Narrador 1: Así se despediron de María, Xosé e o Neno. Narrador 2: María e Xosé saíron á porta para dicirlles ¡Adeus!. Narrador 1: O Neno quedou durmindo moi tranquilamente (Noite de Paz) Narrador 2: Agora, dous mil anos despois, todos celebraremos o nacemento daquel Neno. Narrador 1: E todos nós desexámosvos: ¡¡¡Felices Pascuas!!! ¡¡¡Feliz Nadal!!! Fin |
||