|
GORRIONCETE, O PAXARIÑO QUE NON QUERÍA APRENDER
Adaptación de Lucía Escolano dun texto atopado en internet.
Personaxes:
-
9 bolboretas
-
Mamá
-
Papá
-
Gorrioncete
-
Coello
-
Rato
-
Bufo
-
Esquío
-
Bambi
-
5 Fillos
-
3 ras
Representación
BOLBORETA 1ª
Un día de primavera 6
paxariños naceron,
papá e mamá paxariños moi contentos
se puxeron.
MAMÁ
Piripipí, piripipó, 6
filliños teño eu.
MAMÁ
Piripipí, piripipá, vide todos, invita papá.
BOLBORETA 2ª
Os animais do bosque leváronlles os seus regalos,
déronlles moitos
bicos e despois retiráronse.
COELLO
Tráiovos estas cenorias cheíñas de vitaminas,
se comedes todos os días teredes as plumiñas finas.
RATO
Son un rato xoguetón,
tráiovos estas sementes de sandía e mazá.
Deumas o meu avó, ¡ que non caian ao chan!
BUFO
Son bufo e non son moucho,
dareivos clases de voo para que poidades viaxar,
voaredes por todo o bosque, polo campo e polo mar.
ESQUÍO
Tráiovos abelás e uns champiñóns,
tamén unhas piñas cheas de piñóns.
BAMBI
Son Bambi e tróuxenvos
un puñado de peliños,
se os poñedes no niño estaredes máis
quentiños.
BOLBORETA 3ª
Os días foron pasando, os
paxariños crecían,
e o seu papá e a súa mamá estas cousas
lles dicían.
PAPÁ
Sáenvos xa as plumiñas, ídesvos facendo maiores,
por iso ides aprender a facer algúns labores.
MAMÁ
Para construír un niño collemos unhas ramiñas,
unhas follas, unhas herbas e poñémolas
xuntiñas.
HIJO1º
Gústame aprender as cousas, vou fixarme moi ben,
e así, dentro duns días, poderei facelo eu tamén.
FILLO 2º
Non é doado, pero se facemos o que nos di mamá
e poñemos interese, o niño ao final sairá.
PAPÁ
Vou ensinarvos
filliños a cantar con alegría,
se xuntades ben o
"piquiño", sairavos unha melodía.
FILLO 3º
Pío, pío, pío, pío, canto me gusta cantar.
Pío, pío, pío, pío,¡ esta canción é total!
FILLO 4º
Pío, pío, pío pa canta canta como papá.
Pío, pío, pío
pa canta e canta e baila xa.
FILLO 5º
Estou a estudar para ir voar
aínda que, de momento, só sei saltar
¡ é moi divertido saltar e voar!
GORRIONCETE
Non me gusta facer niños, non me gusta estudar,
non me gusta aprender a voar nin a cantar.
BOLBORETA 4ª
Os seus papás enfadados, queríanlle ensinar
pero el non lles quixo nin escoitar nin mirar.
BOLBORETA 5ª
E un día
Gorrioncete escapou do seu fogar,
marchou do seu niño e foise pasear.
BOLBORETA 6ª
Cando quixo comer non sabía buscar
nin lombrigas nin nada e púxose a chorar.
MARIPOSA7ª
Escoitárono as ras, fóronlle axudar,
pero
Gorrioncete non sabía cantar.
RANA1ª
Amigo paxariño, ímosche axudar
buscaremos bichiños para almorzar.
RANA2ª
Pero a cambio, amiguiño, tesnos que cantar
o pío, pío, pío e o pío, pío, pa.
GORRIONCETE
Pero é que non aprendín nin a voar nin a cantar,
porque non me gustaba nin aprender nin estudar.
RANA3ª
Pois volve
á túa casiña e fala cos teus papás,
e estuda moito e logo, todo o aprenderás.
BOLBORETA 8ª
E entón Gorrioncete volveu cos seus papás
e cos seus
irmanciños púxose a traballar.
BOLBORETA 9ª
E todos moi contentos no seu
niñiño están,
cantando o pío pío, cantando o pío pa.
TODOS
Piripipí, piripipó, Gorrioncete xa volveu,
piripipí, piripipá e con ganas de estudar.
Piripipí, piripipó, qué alegría teño eu,
Piripipí, piripipá, qué contenta está mamá.
Pano |