|
OS
CEGOS E O ELEFANTE
(Conto islámico)
Personaxes:

-
Elefante
-
Neno
-
Cego1
-
Cego 2
-
Cego 3
-
Cego 4
-
Cego 5
-
Cego 6
-
Guía
Escenografía
Unha cidade árabe.
Ideas para a Representación
O
elefante pode facerse de cartón recortado, con articulacións ou sen elas
e sosterse cunha ou dúas tiras de madeira pegadas por atrás para movelo
en escena, un neno pode suxetalo por detrás.
Os
cegos deben de levar bastóns amarrados (e móbiles) a unha man.
Cando os cegos se golpean, soamente deben dar a idea de que se pegan.
Representación
O neno entra a escena correndo.
Neno
(Grita) ¡Un elefante! Veñan a velo, xa vén, vai pasar por esta
rúa. Saían todos, veñan a velo elefante... Vai saíndo... ¡Un
elefante!...
Os
seis cegos van entrando amodiño a escena cos seus bastóns.
Cego un: Eu non sei como é un elefante.
Cego dous: Eu tampouco o coñezo.
Cego tres: Nin eu.
Cego catro: Gustaríame saber como é un elefante.
Cego cinco: Esperaremos a que pase por aquí e poderemos tocalo.
Cego seis: Tocarémolo coas mans. Os nosos dedos son os nosos
ollos.
Guía: (Entra co elefante) Abran paso, señores, deixen
pasar a este gran elefante... non lles vaia a pisar un calo.
Cego un: (Avanzando) Bo home, deixa a estes pobres cegos
tocar ao teu elefante. Queremos coñecelo.
Guía: Está ben, acérquense un por un. É mansiño, non lle teñan
medo. É bo.
(Regresa ao seu lugar)
Cego un: (Avanza e toca o corpo do elefante ) Ummmmm...
xa me dou conta: o elefante é igual a unha parede non moi lisa.
Cego dous: (Achégase e tócalle unha pata ) Non, non é
certo o que dis. O elefante é igualiño a unha árbore.
(Volve ao seu lugar)
Cego tres: ( Tócalle un colmillo ) ¡Mentira e mentira! As
miñas mans dinme claramente que o elefante é moi parecido a unha lanza.
(Regresa ao seu lugar )
Cego catro: (Tócalle unha orella ) Vostedes están
completamente equivocados. Eu tamén o toquei e estou seguro de que é
como un abanico, e os meus dedos non me enganan. (Volve ao seu lugar )
Cego cinco: (Tócalle a trompa) Pois á min non me engana
ninguén; estou seguro de que o elefante é parecido a unha serpe. (Volve
ao seu lugar )
Cego seis: (Tócalle a cola) ¡Ningún de vostedes sabe como
é o elefante! Eu opino que é como unha corda que serve para amarrar
vultos. (Regresa ao seu lugar. Todos axítanse )
Cego un: ¿Como te atreves a insultar dese xeito? Estou seguro de
que é unha parede.
Cego dous: Dígolles que é unha árbore.
Cego cinco: ¡Non! ¡É unha serpe!
Cego tres: ¡Que serpe nin que nada! ¡Estou seguro de que é unha
lanza!
Cego catro: ¡Mentira! É un abanico.
Cego seis: (Grita ) ¡É unha corda, unha corda!
(Todos tratan de pegar aos demais pero non sempre atinan. Faise unha
gran confusión e todos falan ao mesmo tempo.)
Todos en desorde:
A
min ninguén me contradí... ¡Toma!... Ai, ai... pero se eu teño razón...
É unha corda... É unha parede... Unha lanza, unha lanza... Non, un
abanico, dígoche que un abanico... Unha árbore, é unha árbore... ¿Quen
me pegou? ¡Ai as miñas costas!
Guía: (Loita por separalos e esquiva os golpes ) ¡Calma,
calma! ¡Xa estean quedos!... oian... escoiten... atendan... Eu
explicareilles todo. Vaise facendo aos poucos o silencio. Todos
resollan, quéixanse. Todos cren ter razón, pero ningún a ten. ¿Saben por
que?
Todos : ¿Por que? ¿Por que?
Sóbese sobre o elefante
Guía: Porque cada un de vostedes tocou unha parte do elefante. O
que tocou o corpo pensou que era unha parede. O que tocou a perna creu
que era como unha árbore. O que tocou un dos colmillos imaxinouse unha
lanza. O que alcanzou a tocar a orella figurouse un abanico. O que tocou
a trompa acordouse da serpe e o máis pequeno, que só alcanzou a tocar a
cola, estaba seguro de que o elefante era como unha corda.
Cego cinco: Agora entendo. Si, iso foi o que pasou e nos anoxamos
moito.
Guía: Anoxáronse tanto que ata de paos se deron.
Cego un: Portámonos como parvos.
Cego dous: En lugar de pensar, puxémonos tercos.
Cego tres: . . . E furiosos.
Cego catro: En lugar de tratar de entendernos.
Cego cinco:
Porque todos tiñamos un pouco de razón.
Cego seis: Pero ningún tiña a razón.
Guía: Abofé, para coñecer a verdade hai que coñecer todas as súas
partes.
Cego un: Dámosche as grazas, e tamén ao elefante, por ensinarnos
que é mellor poñerse de acordo e tratar de coñecer toda a verdade.
Cego dous: Sexamos amigos de novo.
Cego tres: Coñezamos ben ao elefante.
(Todos van circulando ao redor do elefante tocándoo.)
Pano |