|
PERSONAXES
VOZ EN OFF.-( Curuxa é a bruxa máis nova de tódalas bruxas. Vive no seu pobo co seu pai que tamén é bruxo. Ela é moi atrevida e aventureira, pero ás veces tamén se quedaba distraída horas e horas..., sen pensar en nada...) PAI.- (Curuxiña está sentada na habitación do pai , xogando coa escoba, pero distraída). Curuxiña, ¿ Por que non saes a xogar? ¿Seica non te aburres aquí metida? CURUXA.- É que está chovendo... PAI.- ¡ Ai esta xuventude...! ¡ Cando eu era novo non había chuvia que nos retivese na casa! CURUXA.- Oíches pai,... estou pensando... que teño que teño que facer algo para perfeccionar a miña técnica feiticeira. PAI.- ¡Está ben! Pero non roas o pao da vasoira , porque senón non poderás voar. CURUXA.- ¡ É que xa estou farta de facer sempre as mesmas cousas! ¡ Xa son unha bruxa maior! Se cadra.. ti.. poderíasme axudar . ¿Non cres? ( O pai segue preparando a pócema sen facerlle caso) PAI.- Engadimos tres sapos, ... un rabo de lagarto e... remexemos ben. Por certo,... ¿Dicías algo filliña? CURUXA.-¡ Ti nunca me fas caso, nunca escoitas o que che digo! PAI.- Non é iso , miña rula. CURUXA.- Dicía.... , pero é igual,...tanto ten. PAI.- Isto xa está a puntiño a puntiño...(Freta as mans) Perdoa, pequena,¿Que era o que me contabas? CURUXA.- ¡Ves como non atendes cando che falo! PAI.- É que estou traballando nun novo feitizo e non me podo entreter. Falamos máis tarde. ¿Paréceche? CURUXA.- ¡Un novo feitizo, un novo feitizo... ¿Queres feitizo? ¡Pois toma feitizo! Agora vas ver...¡¡ Por tódolos sapos e mouchos, que apareza unha morea de moscas!! ... ¡¡E arañas tamén!! (Tíranse moscas e arañas. Asómase Chusco pola porta) CHUSCO.- Pss..pss..., ei, Curuxa, son eu,... ¿Non saes? CURUXA.- ¡Paso! ¡Hoxe non me apetece! CHUSCO.- Sae muller, que teño un notición que che contar que vas alucinar CURUXA.- ¡Seica non entendes o meu idioma ! ¿Ou que?. ¡Dixen que non saio e non saio! CHUSCO.- ¡Xa verás cando o oias!. Atopamos unha cova para o noso club.Creo que a debiamos ir ver enseguida. CURUXA.- (Ó escoitar iso cámbialle a cara) ( A Chusco) Tés moita razón.( Ó pai e saíndo) Papá, vou saír, veume buscar Chusco. PAI.- (Segue remexendo no seu beberaxe) ¡Aquí falla algo!... ¡ Ah, xa sei , fáltalle o sal, iso é ...( Bótalle sal) Un chisquiño de sal..., ¿Dicías algo filliña? ( A filla xa non o oíu porque xa saíra con Chusco, montados na escoba, cruzan o resto da escena e entran por unha porta).( Ó levantar a cabeza ve as moscas e as arañas) ¡Ahhhhhhh....¿De onde saíu esta cantidade de bichos? ...¡Estas son cousas da miña filla, de quen podían ser! Pero vai saber o que é bo. ... Curuxa, estou farto das túas parvadas. ¿Onde te metiches? ¡Teño que lle dar unha lección a esta nena! Asómase polo biombo) (Chama) Curuxa, Curuxiña, ¿Onde vai a miña bruxiña? Curuxa, ven acá agora mesmo sen non queres que...Curuxa! ( Entra de novo onde está a pota) ( Aparecen Curuxa e Chusco pola porta da dereita) CURUXA.- ( Vén temblando) ¡ Mi madre! ¡ Os bichos! Non debín deixar as moscas e as arañas na casa. ¡ Metinme nunha boa!....¡Adeus Chusco! ( Asómase cara onde está o pai) ¡ Ola, papaíño.... PAI.- ¡Nin papaíño nin morcegos en aliño! ¡ Téñoche que dar un bo escarmento, senón nunca serás unha boa bruxa! ¡Xa está ben de facer trasnadas! A partires de hoxe acabáronse os poderes máxicos, as palabras máxicas e a vasoira tamén. CURUXA.-. ¡¡ Nooon, a vasoira non, por favor. Papá, papaíño, prométoche que.... PAI.- ¡ Que nada! A partires de hoxe nin viaxes, nin moscas ,nin arañas, nin nada. CURUXA.- Papá, papaíño,...pídocho con cariño.(Ó público) ¡Que bonito me saíu! PAI.- Escoita e toma nota. Para levantarche o castigo tés que ir alá, onde viven os humanos e facer algunha obra boa. CURUXA.- ¡Non me fagas iso, por favor, a min non me caen ben os humanos, non os aturo. ( O pai empúrraa cara fóra. Xa na rúa) ¡Era o que me faltaba!.... ¡Total por unhas moscas de nada! ¡É que eu teño mala sorte! ...¡E aínda por riba ter que aguantar a eses humanos rabudos! ( Sae o granxeiro) GRANXEIRO.- ¡Ola nena! ¿Andas perdida? ¿Pódoche axudar en algo? CURUXA.- Non. (Enfadada) GRANXEIRO.- Entón... ¿Qué fas por aquí?. CURUXA.- ¿ Eu...? Nada, nada. GRANXEIRO.- ¿Cómo que nada? CURUXA.- Ben, nada, nada non, pero é unha historia moi longa... GRANXEIRO.- (Mirándoa de arriba a abaixo) ¿ Ti es un pouco rariña , non? CURUXA.- ¿Eu?... ¡Non me diga! ... ¿E... en que mo notou? GRANXEIRO.- ¡Non fai falta ser moi bispado! ¡ Mira que pinta traes! Se crese nas meigas, xuraría que es unha delas. CURUXA.- ¿ Por que o di como se fose algo malo? ( Dáse conta de que a xente lle teme ás meigas e decide disimular diante do granxeiro) ¡ Pero mire que confundirme cunha bruxa...! ¿ Acaso me parezo a algunha? GRANXEIRO.- Non, non ... É pola túa roupa CURUXA.- ¿ Que lle pas á miña roupa? GRANXEIRO.- Nada, nada pero vaiche ser mellor cambiala. Vou ver se encontro algo que che poida valer. (Entra na casa) CURUXA.- ((Ó público) ¡Pois tomouna este coa miña roupa! ¡Este non me pode axudar a que faga unha boa acción.... aínda é el o que me axuda a min! GRANXEIRO.- Toma , ponte isto... ( Dálle roupa, unha saia, unha camisa...) CURUXA.- ¿ O que? ¡ Que teño que por isto! ¡Diso nada monada, ...nin o soñe! GRANXEIRO.- Pono muller , verás que ben che queda. E... ¿Por qué levas o pelo tan suxo? Pódolle dicir á miña muller que cho lave. CURUXA.- ¡Isto xa é o colmo! ¡ O da roupa podería pasar, pero lavar o pelo si que non! ¡ As bruxas non poden lavar a cabeza! ( Dáse conta de que non debía ter dito isto) Mire,... mellor váiase,...gracias pola roupa, pero váiase. (Sae o granxeiro. Ela pasea meditando) Pois non son tan malos os humanos...., el queríame axudar...pero a que teño que facer algo bo son eu, non el.... ( Entra nena escribindo algo nun caderno) NENA.- ¡ Ola! CURUXA.- Ola... (Míraa detidamente) ¿ Que escribes? NENA.- Castigáronme. Teño que escribir cen veces que non lle vou tirar máis veces polo rabo ó meu gato. CURUXA.- (Ó público) ¡Xa está!... Esta é a miña oportunidade de facer algo bo... Pero pensándoo mellor.... iso é moi aburrido, ....a min non me gusta escribir... Case mellor ... ¡Paso! NENA.- ¿E ... ti que fas por aquí? ( Asómase un neno e escoita o que falan. Rise) CURUXA.- Pois a min tamén me castigaron, teño que facer algo bo por alguén. NENA.- E...¿ Por que?... ¿Qué fixeches mal? CURUXA.- ¿ Ti cres nas bruxas? NENA.- ¡Claro que si! CURUXA.- ¿Teslle medo? NENA.- ¿E... por que llo ía ter? CURUXA.- É o que digo eu. Mira vouche contar unha longa historia. ( Cóntalle en baixo e entra o neno ríndose a gargalladas) NENO.- Ja , ja,ja.....¡ Que cousas hai que oír por non ser xordo! CURUXA.- ¡Pois eu non lle vexo a gracia! Eu o único que quero é volver á miña casa canto antes. NENA.- Si, pero antes tés que facer algo bo. Non o esquezas. CURUXA.- Ben, eu intenteino, pero ninguén me dá unha oportunidade. NENO.-( Pensa durante un pouco) ¡Xa o teño! Podes pelar patacas. CURUXA.- ¿ Patacas? ¿ Que ten que ver pelar patacas cunha boa acción? NENO.- Pois verás. Mañá vén un montón de xente á miña casa para comer , e miña nai ten que pelar cinco caldeiros de patacas. Pódeslle axudar. CURUXA.- ¡ Cinco caldeiros! ¡Iso son moitísimas patacas! Eu... NENO .- Ti verás. A min paréceme unha boa acción. CURUXA.- Está ben, pelarei as patacas... ( Séntase . O neno tráelle un caldeiro de patacas e ponse a pelalas. Primeiro fai que se corta. Logo empeza a bostezar e dórmese. Asómase o pai) PAI.- Curuxa, curuxiña, miña bruxiña boa.... CURUXA.- ( Desprezándose) ¡Papá! ¿Viñéchesme buscar? PAI.- Xa me enterei da túa boa acción. Fixéchelo moi ben. E.. espero que aprendeses algo. CURUXA.- Claro,claro. ¿Sabes unha cousa? Os humanos non son tan malos. PAI.- ( Cóllea polos ombros e entran na casa) Vén, mira, a comida xa está feita CURUXA.- ¡Que ben, coa fame que teño! ¿Qué hai para comer? PAI.- Pois fíxenche dúas comidas: Tortilla de patacas( Curuxa vaise enoxando) e patacas con... CURUXA.- Non,non,non.............¡Basta de patacas! ¡Non quero nin oír nomealas! (Sae correndo. O pai encóllese de ombros) FIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIN |
||