|
Personaxes
Obra
Chegan á consulta
do avogado dúas irmáns e a filla dunha delas. Recíbeas a secretaria. Muller1:_ ¿Hai licencia? Secretaria: ─ ¡ Pase, pase! E logo, ¿que é o que á trae por esta casa?
Muller2:
─
Queríamos facerlle
unha consulta ó Sr. Avogado.
Secretaria:
─
Séntense
un momentiño que agora o aviso.
Mentras a secretaria avisa ó avogado a nena fala coa súa tía.
Nena:
─
Tía,
¿ para que se pintou hoxe?.
Muller2
─
Pois,
pois... para estar máis guapa.
Nena:
─ ¡¡Ai
oh!! ¿E tarda moito en facer efecto?
Muller2
─
Cala,
séntate e non me amoles.
A secretaria vai ó despacho do avogado, chama á porta i
entra para dicirlle que ten unha visita. Avogado: ─ ¿Qué pasou? Secretaria: ─ É que ten unha visita, ademáis quería comentarlle que fai un pouco chamou unha persoa e dixo si quere ser Testigo de Xehová.
Avogado:
─
Ben,
pois dille que non vin o accidente, pero que todo é negociable.
(pausa). Manda pasar a esas mulleres. Secretaria: ─ Agora mesmo lles digo que pasen.
(A secretaria sae da consulta e manda entrar as dúas mulleres). Secretaria: ─ Poden pasar.
Muller
1: ─
¡
Oh, qué rápido nos atende!
Muller2:
─
Vamos
entón.
Entran no despacho e comentan
entre as dúas mulleres sen que escoite o avogado.
Muller1:─
¡Ai
meu Deus! Este home, se non fose polo bigote, sería igualiño a miña
sogra.
Muller2
─
Pero,
se o avogado non ten bigote.
Muller1
─
Pero
a miña sogra si.
Muller1
─
Por
certo, por canto comprarías a miña sogra.
Muller2
─
Non
digas parvadas, pois por nada.
Muller1
─
Pois
entón trato feito.
Avogado:
─
¡Dicían
algo! Muller1 e 2: ─ ¡Non! ¡Non!
Avogado:
─
E
logo, ¿Qué desexan? Muller1:_ Señor, nos sómoslle pobres, ¿ ben o sabe? ¡ non temos outros bens que unha tendiña de cacharros diante da porta, e temos que mirar polas nosas cousas! Avogado:_ Ben o sei ¿E que? Muller1:_ Pois viñemos para que nos axudara, se quixer. A min fíxome mal un veciño, e eu quería saber se me valería a xustiza. Avogado:_ Pois conta, muller, conta. Muller1:_ Elle pouca cousa, señor, ¡ mais para min que son pobre, xa se sabe, supón moito. Avogado:_ ¡ Conta, conta ! Muller1:_ O meu veciño ten un can, e hoxe rompeulle a mordiscos a "Jame boi Avance SP" da miña nena no parque. Eu quería saber, se teño dereito a lle pedir ó meu veciño os cartos da "Jame boi Avance SP". Avogado:_ Si, muller, si. Muller1:_ ¿ E daquela, como ei de facer para non perder o dereito? Avogado:_ ¿ Ti dixécheslle algo? Muller1:_ Non, aínda non lle dixen nada. Avogado : Pois, daquela, vaite, e dillo, e se non quere pagar, podes denuncialo.
Muller1:
Ben está, si señor, voullo
dicir agora. Avogado: Si, muller, si, dillo. Muller2: E que ó can era de vostede. Avogado: ¡Ah!... ¿¡ Carafio!!
Entran en escena un can ladrando e o fillo do avogado correndo
detrás do can para collelo.
A
nena: ─
¡¡¡Ese!!! ¡¡ ese é o
can!!
Avogado:
─ ¿Qué
é esto este "Xaleo" Adrián? Non ves que estou ocupado.
Fillo:
─
Nada
papá, nada, perdoa, xa me vou.
Avogado:
─
Por
certo, ¿qué tal no colexio?
Fillo:
─
Papá,
non o vas crer, hoxe fixen unha redacción que conmoveu a profe.
Avogado:
Ah, si.
Fillo:
─
Díxome
que daba pena. (pausa e dirixíndose cara a saída). ¡¡Esquecíame!!,
hoxe tes que me facer un problema de matemáticas.
Avogado:
─
Non estaría ben.
Fillo:
─
Pero
inténtao polo menos Avogado: ─ ¡Ai estes nenos!. (pausa) Perdoen as molestias e volvendo ó noso ¿E canto vale unha "Jame boi Avance SP"
Muller1:
Valíalle 4.000 pesos, señor. ( O
avogado abre ó caixón e tíralle o diñeiro encima da mesa). (
A nena acércase e colle os cartos). Avogado: ¿Quedamos pagos?.
Muller2:
Quedamos, si señor, moitas gracias, ¡vaia pola alma dos seus defuntos!.
(As irmas márchanse e cando chegan a porta dille o avogado.) Avogado¡ Oíu, señora! Esqueceuse unha cousiña. ¿E vostedes non saben, que os avogados non lle andamos de balde, que tamén cobramos por traballar? Agora tócalle a vostede: Ten que me deixar 5.000 pesiños pola consulta. Muller1: Vaia, "po" tío.
Muller1-2
e nena: ¡¡¡Os pobres sempre perdemos!!!
Avogado
e secretaria:
─
Os casos a veces gañanse, a veces pérdense, pero sempre, sempre
se cobran. |
||