|
Personaxes:
(Rúa dunha cidade cunha entrada de restaurante na dereita e unha consulta de dentista na esquerda). Entra un aldeán pola dereita con xesto de doerlle unha moa. ALDEÁN : ¡Ai de min!. Descansado estaba na miña aldea ao servicio dun muiñeiro; pero dixéronme que estaba aquí, na cidade , Fernando Alonso. Facíame moita ilusión velo “en carne e óso” polo menos unha vez na vida. Pedínlle permiso ao patrón e ..................aquí estou. Xa vin a Fernando Alonso e .....................éche un home coma os demais. Agora só me quedan 10 euros e, por riba, dóeme unha moa. Se dou os 10 euros para que ma saquen,... quedo sen comer, e morro de fame; se os gasto en xantar, seguirame doendo a moa. ¿que fago?. ¡Sonche ben desgraciadiño, oh!. (Nisto sae un camareiro e coloca o cartel do menú do día na porta do seu restaurante. O aldeán quédase mirando embobado). Entran dúas señoritas e quédanse mirando a actitude do infeliz diante do cartel. SEÑORITA 1ª : ¡Oye tú, paleto! ¿Qué, nunca viste un menú de un restaurante? ALDEÁN : Pois a verdade moitos non teño visto, pero ademais con tanta variedade, asegúrolles que non. Sería capaz de comerme todo. SEÑORITA 1ª : Bueno, pero eso sería en varios días y en diferentes comidas. ALDEÁN : ¿Que din vostedes? SEÑORITA 1ª : ¿Qué si sería capaz de comer todo lo del menú en una sóla comida? ALDEÁN : ¿Quen? ¿eu? , pois ........ non sei. Penso que comería os 6 pratos e as 3 sobremesas en menos de 30 minutos. SEÑORITA 1ª : (Despois de indicar a Srta. 2ª que a sobremesa é o postre). ¡Os 6 pratos e as 3 sobremesas en menos de 30 minutos!. ¡Ja, ja, ja! ¿has oido?. Dice que comería todo lo escrito en el cartel en menos de 30 minutos. SEÑORITA 2ª : (Ríndose. Ao camareiro). ¿Usted qué opina? CAMAREIRO : A min paréceme unha barbaridade. ALDEÁN : ¡Bah!, axiña se espantan vostedes. ¿Por que non facemos unha aposta?. SEÑORITA 2ª : ¿Qué apostarías? ALDEÁN : Cartos non teño; mais estou tan seguro de gañar a aposta que, ... deixaríame quitar unha moa se non son quen de comer todo o que está aí no menú. SEÑORITA 1ª : Aceptada, ya puedes contar con que te quedas sin muela. ALDEÁN : Iso xa o veremos. CAMAREIRO : (Ríndose). Ben, parece que a cousa vai en serio. SEÑORITA 2ª : Esto se pone bueno, menuda risa vamos a pasar. ALDEÁN : ¿Podo escomenzar? SEÑORITA 1ª : Sí, sí; cuando quieras. Usted, camarero, háganos el favor de ir poniendo los platos en la mesa para que coma, porque yo con la risa no soy capaz ... CAMAREIRO : Non o fará. (Ao aldeán). Podes escomenzar amigo. ALDEÁN : Pois .... ¡Ao ataque! (Ponse a comer de seguido un prato tras outro). CAMAREIRO : (Despois dun rato o camareiro vai nomeando todo o comido). A sopa de verduras, a empanada, os callos, o yogurt; caldo, tortilla, carne ao caldeiro , flan,.... ALDEÁN : ¡Ai, ai!. ¡Non podo máis!. Doume por vencido. SEÑORITA 1ª : ¿Así que, has perdido la apuesta? ALDEÁN : Sí. SEÑORITA 2ª : (Ríndose tamén). En ese caso,.... la muela, ... ya sabes ¿no?. ALDEÁN : ¿Que remedio?. Perdín a aposta e debo cumprila. SEÑORITA 1ª : No perdamos tiempo. Voy a llamar al dentista para que te la saque. ¿Creías quizá que te ibas a marchar tan campante?. ¡Pues te has equivocado amigo!. Aquí, quien pierde paga. (Achégase á porta do dentista). ¡Dr. Jiménez!.. ¿Puede bajar un momento y traer unas tenazas, que tiene un cliente esperando? DENTISTA : (Dende dentro). Xa vou. CAMAREIRO : Ea señoras, que xa está ben a broma. Déixeno marchar en paz. ALDEÁN : ¡Non!, ¡iso si que non!. Perdín a aposta e teño que pagala. SEÑORITA 2ª : ¿Lo oye Vd?. El paleto es honrado,... además, muela más, muela menos, ¿qué importa?. DENTISTA : (Saíndo cunha bata manchada de sangue, unha toalla, un garrote e unhas tenazas). ¿Quen é o paciente? ALDEÁN : Son eu. DENTISTA : ¡Sente aquí!. (Senta o aldeán, ponlle a toalla ao redor do pescozo, coma se o fose afeitar). ALDEÁN : ¿Para que é o tarugo ese que trae na man? DENTISTA : Nada, estea tranquilo, isto só é por se non fai efecto a anestesia. ALDEÁN : ¡Ah, ben, vale! DENTISTA : A ver, ¡abra a boca! ¿Qué moa é? ALDEÁN : (Sinala cun dedo a moa que lle doe). (O dentista arrima as tenazas a súa boca , e fai acción de tirar). ¡Aaaahhhhh, aaaaahhhhh, .....! (Levántanse os dous co impulso). DENTISTA : Pois nada, mira que está ben agarrada a condenada. ¡Ímolo volver intentar!. ¡Sente de novo! (O dentista arrima as tenazas a súa boca , pon o xeonllo no peito do aldeán e fai acción de tirar). ALDEÁN : ¡Aaaahhhhh, aaaaahhhhh, .....! DENTISTA : (O dentista ten a moa nas tenazas) ¿Doe moito? ALDEÁN : Un pouco, un pouco. DENTISTA : (Collendo o garrote e movéndoo ). ¿Queres un pouco de anestesia? ALDEÁN : Non, non, parece que vai pasando. DENTISTA : ¡Boeno, pois xa está!. Aquí a tes. ¡menudas raices!. Toma, se queres podes facerte un colgante ou un anel. ALDEÁN : (Colléndoa e gardándoa). Grazas. (Levántase e fai ademán de marchar). Ben, ata outra. DENTISTA : ¡Eh, eh!, un momento, oia, e a min, ¿quen me paga o traballo? ALDEÁN : Diso encárganse esas dúas señoritas. SEÑORITA 1ª : Sí, nosotras le pagaremos. JA, JA, JA, ... CAMAREIRO : E a min , ¿quen me paga todo o que se comeu? ALDEÁN : Diso fale coas señoritas que foron as que me convidaron. SEÑORITA 2ª : Sí, nosotras le pagaremos. JI, JI, JI, ... ALDEÁN : (Dirixíndose ao público). ¡A isto chámolle eu ter sorte!. Enchín o bandullo e sacáronme a moa que me doía. ¡E todo gratis!. Matei dous paxaros dun tiro e aquí seguen os 10 euros. (Sinalando ás que rían). Mira como rin. O que non saben as que se rin de min, é que fun eu o que me rin delas. Ata sempre. Pano |
||