|
Personaxes:
No chan do escenario aparecen pintadas, a grandes rasgos, as siluetas dos Cinco Dedos da Man. PRESENTACION: Pois si. Este señor que estades a ver, con bigote e todo, non é un señor. É UN TERRITORIO: O territorio da MAN (xestos, movendo a man). Poderedes observar que nel móvense cinco habitantes, quero dicir CINCO DEDOS. É ben sabido que en todos os territorios habitados hai problemas. E no territorio da MAN non faltaron. Pero serán eles mesmos, os dedos/habitantes quen llelo van contar . (Van aparecendo na escena. Cada Dedo-Actor situarase no interior do Dedo que lle corresponda). o MAIMIÑO — Eu son O Maimiño,o mais pequeniño. o MATAPIOLLOS — Á vista dos vosos ollos preséntase o Matapiollos. o DEDO DO ARO — Para que quede ben claro, eu son o Dedo do Aro. o FURABOLOS — Eu chárnome Furabolos o MÁIS GRANDE DE TODOS — Eu o máis Grande de Todos. ESCENA PRIMEIRA E ÚNICA o DEDO DO ARO — (Aparece cun anel de ouro e diamantes. Móstrao ostentosamente) Eu son un Dedo importantísimo. Excelentísimo. Máis que Dedo son DEDÍSIMO. O Dedo das Revistas do Corazón. O Dedo dos aneis de ouro e pedras preciosas que lucen as marquesas e as estrelas do cine. Un Dedo resplandecente e aristocrático. Non como outros Dedos que o único que saben facer é mallar nos piollos... o MATAPIOLLOS — (Mentres o Dedo do Aro está a/alar, el ocúpase en matar piollos. Ó escoitar as últimas palabras érguese e diríxese ó Dedo do Aro): ¿Qué estás a dicir, Dedo “pijo”, quincalleiro e presumido? Non conseguirás avergonzarme. Eu sempre fun o azoute dos piollos. Defendín as cabezas da xente pobre e impedín as pragas deses agresivos animaliños. Se non fose por min as túas marquesas pasarían a súa vida rascándose o cabezolo. o DEDO DO ARO —Non sabes o que dis , anano bazunchón. ¡Anda vai pasear cos teus piollos e as túas pulgas! o MATAPIOLLOS —Os teus insultos e desprezos non me aflixen. Son anano, Matapiollos e Matapulgas. E a moita honra. - o MAIMIÑO —(Ata agora calado e quieto no seu espacio, diríxese ó Dedo do Aro) O Matapiollos ten toda a razón. o DEDO DO ARO —(Facendo burla). "O Matapiollos ten toda a razón", "0 Matapiollos ten toda a razón". Mira quen falou. Un esfameado, un petapouquiño que non sirve para nada. o MAIMIÑO —Dásme pena, Dedo do Aro, dásme pena. E non por seres Dedo, senón por esquecido. Paréceme que o único que ten valor para ti é o ouro. o FURABOLOS —{ lntervén por primeira vez) O Maimiño non di máis que a verdade. Con tanto ouro, con tanta arrogancia, estás a esquecer o que verdadeiramente es...: un Dedo da Man, un bo Dedo da Man, como todos nos. o DEDO DO ARO —Sí, un Dedo da Man, pero un Dedo dourado. A xente rica, a xente importante, escólleme. Eu son o preferido, o preferente. A min vístenme sempre de ouro e pedras preciosas (móvese facendo xestos de ostentación, dándose moita importancia). o MÁIS GRANDE DE TODOS — {lntervén na discusión). Agora tócame falar a min. Atendede ¿non é certo que os Dedos formamos unha Dedocracia? da Man o MAIMIÑO — ¿Que quere dicir unha Dedocracia? o MÁIS GRANDE DE TODOS — Que no territorio da Man Común , formamos unha sociedade de Dedos. ¡Pero uns somos máis Dedos que outros! o FURABOLOS — ¿ Que queres dicir con iso de que uns somos máis Dedos que outros? o MÁIS GRANDE DE TODOS — Quero dicir que na Dedocracia ten que haber unha xerarquía, uns niveis de importancia. o MATAPIOLLOS —Ou sexa, Dedos dourados e Dedos apiollados, Dedos apreciados e Dedos despreciados. Dedos esbeltos que andan pola vida coa cabeza estirada, mirando con altanería, e Dedos malfeitos, bazunchos, ananos e fracos. ¿E iso o que queres dicir? o MÁIS GRANDE DE TODOS — Mira, Matapiollos, sen despreciar a ninguén , pero non é o mesmo ser un Matapiollos que ser un Dedo dourado e diamantino. E non é o mesmo ser anano e gordecho, que ser alto e forte coma min. o FURABOLOS — Non estou de acordo. Os Dedos da Man somos diferentes, pero todos igualmente necesarios e útiles no territorio da Man Común. somos o MAIMIÑO — Iso mesmo penso eu. O territorio da Man Común, para funcionar perfectamente, precisa de todos e cada un de nos. o MATAPIOLLOS — Claro. Por exemplo, eu axudo ó Furabolos a coller un bolígrafo e desta maneira a nosa Man pode escribir con máis facilidade. o MAIMIÑO — E se a nosa Man quere escribir a máquina ou nun teclado de Ordenador, todos podemos colaborar e ser útiles ¿non si? Sí, Sí pero o ouro tamén ten o seu valor, ... o FURABOLOS — E se quere tocar a guitarra, ou o piano ¿que? ¿Non somos todos necesarios e útiles? Que 110 pregunten ó Mestre Rodrigo ou a Mozart. o MATAPIOLLOS — E tódolos Dedos colaboramos cando a nosa Man busca e estreita a outra Man amiga. o MAIMIÑO — E para todo iso, o Territorio da Man Común non necesita ter aneis de ouro nos seus Dedos. o DEDO DO ARO — o FURABOLOS — Por suposto que ten o seu valor. Pero ti es quen realmente vales como Dedo. O ouro non é o Dedo. Ti es o Dedo. O ouro é de quita e pon. o MÁIS GRANDE DE TODOS — Pero non me negarás que eu son o Dedo Máis Grande de Todos. o MATAPIOLLOS — Si, pero esa cualidade non che fai superior a ningún outro Dedo. Resulta moi axeitado que no territorio da Man Común uns Dedos sexan altos, outros baixos, uns gordos e outros fracos. Así é como conseguimos o Equilibrio Dedocrático e unha fermosa variedade. o MAIMIÑO — Penso que a cousa está ben clara, para quen queira entendela. o DEDO DO ARO — Ben, ben. A verdade é que eu nunca pensara nestas cousas. Creo que agora comezo a apreciaros un pouquiño máis. Iso de escribir no ordenador e o de tocar a guitarra e o piano... Si, teño que recoñecer que eu nunca pensara nestas cousas. o DEDO MÁIS GRANDE — A min pásame o mesmo. Creo que agora todos nos comprendemos mellor. Eu tamén me sinto máis cerca de todos vos. o MATAPIOLLOS — Eu tamén me sinto rnáis cerca de todos vos. Estou disposto a axudar a quen o precise. .Se a alguén lle pica o cabezolo que avise FURABOLOS — Pois agora, se vos parece, irnos Dedos). A MAN (dirixíndose ó público, xunto cos dedos): Coas nosas rnans, irnos todos saudar! celebrar a nosa unión. (Xúntanse tódolos dedos) COS nosos dedos, irnos .todos bicar! Coas nosas mans e brazos, irnos todos abrazar! jCoas nosas mans, irnos todos aplaudir! Fin CALO IGLESIAS. Seminario Galego de Educación para a Paz |
||