|
ÁREA DE EDUCACIÓN FÍSICA E. PRIMARIA |
|||
|
BLOQUE: XOGOS PREDEPORTIVOS UNIDADE: Iniciación ó baloncesto TEMPORALIZACIÓN: MATERIAL E INSTALACIÓNS: Balóns de baloncesto, pista de baloncesto, petos ORGANIZACIÓN ALUMNOS: Individual, parellas, grupo. |
CICLO: Terceiro NIVEL: 5ª - 6º CONTIDOS CENTRAIS: § Control de balón. § Lanzamentos e recepcións. § Xogos predeportivos. TÉCNICAS DE ENSINO: Guiado. |
||
|
ANIMACIÓN: § Quecemento xeral. § Xogo de Polis e cacos: Catro grupos. ¿ que grupo colle os demáis en menos tempo?. |
|
||
|
PARTE PRINCIPAL: 1. Pása-la ponte: 3 grupos de 8 situados en fila e un enfrente que fai de
pasador. O pasador dalle o balón o primeiro da fila que debe agacharse e pasar por entre as pernas dos seus compañeiros ata o final da fila e desde ahí lanzar o balón polo aire ó pasador. Así ata que pasan todos pola ponte. 2. Xogo do pasador: Grupos de seis. Distribuense cinco aros en forma de pentágono. Un
pasador entrégalle o balón a un compoñente do grupo e éste debe devolvelo desde cada aro. Cando acaba un neno vai o seguinte do grupo e así ata que van todos. 3. Relevos a canasta: Catro grupos enfréntanse dous a dous facendo relevos a canasta. Non
se pode dar o relevo ata encestar na canasta. |
|||
|
VOLTA A CALMA: Vesti-lo aro: En círculo e collidos pola man hai que ir pasando a aro nunha dirección determinada se soltarse das mans. Cada certo tempo introducense máis aros. Para facelo máis dificil introducimos aros máis pequenos e grupos de aros xuntos. |
OBSERVACIÓNS |
||