|
|
|||||||||||||||||||||||||||
|
Ausencias por consulta médica A xustificación das faltas do profesorado por consulta médica será valorado pola Dirección do Centro, que deberá desestimala cando se advirta que a consulta podería realizarse sen inconveniente en horario non lectivo do profesorado e polo tanto incluílas nas 24 ou 30 unidades lectivas a que fai referencia a Orde do 27 de xaneiro de 1994. No caso de aceptarse a xustificación, incluirase no apartado 70.2 da Lei 4/88 da Función Pública de Galicia como deber inescusable de carácter persoal, sendo requisito indispensable a acreditación da hora na que finalizou a consulta. |
||||||||||||||||||||||||||
| * Correspóndelle ó director conceder estes permisos, segundo a Orde de 27 de xaneiro de 1994 (DOG de 21-02-94) e Ordes do 22 de xullo e de 1 de agosto de 1997 (DOG de 2-09-97). Os directores dos centros e os mestres das escolas unitarias solicitarán os permisos ó Servicio de Inspección. | |||||||||||||||||||||||||||