|
|
|||||||||||||||||||||
|
|
Embarazo e parto coincidente con vacacións Segundo o Decreto 1949/1967 "a vacación retribuída regulada no artigo 68 da Lei poderá disfrutarse a continuación da licencia por parto, sempre que á funcionaria non lle correspondera con anterioridade dentro do ano natural". Esto supón que a funcionaria que obtén a licencia por parto durante as vacacións ten dereito a continuar disfrutando destas a continuación do período de licencia, non podendo computarse as vacacións dentro do período ininterrompido que se concede por maternidade. As distintas Delegacións de Educación das diferentes Comunidades Autónomas denegaban o disfrute das vacacións ás funcionarias docentes que estiveran de baixa por maternidade nos meses de verán. Unha serie de sentencias, producto de recursos persoais, recoñecen o dereito ó período de vacacións non disfrutado a continuación da finalización da baixa por maternidade. A Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ciencia da Xunta de Andalucía, nunhas Instruccións de 16 de setembro de 1991 recoñecía este dereito referido ás vacacións non disfrutadas no mes de agosto.
|
||||||||||||||||||||