|
|
|||||||||||||||||||||
|
|
Maternidade e paternidade LEXISLACIÓN: Lei 4/88 da Función Pública de Galicia, Art. 68.2 (DOG 01-06-88), Lei 30/84 da Función Pública, Art. 30 e Lei 3/89 (BOE 8-3-89), modificadas pola Lei 39/1999, do 5 de novembro, para promove-la Conciliación da Vida Familiar e Laboral das Persoas Traballadoras (BOE 06-11-99). DOCUMENTACIÓN: Antes do parto: solicitude e Certificación Médica. Despois do parto: solicitude, Certificación Médica e Libro de Familia. DURACIÓN: Parto único 16 semanas, ampliables no caso de parto múltiple en dúas semanas máis por cada fillo a partir do segundo, distribuídas á elección da funcionaria sempre que 6 semanas sexan inmediatamente posteriores ó parto. No caso de falecemento da nai, o pai poderá facer uso da totalidade ou, de se-lo caso, da parte que reste do permiso. Sen prexuízo das seis semanas inmediatas posteriores ó parto de descanso obrigado para a nai, esta poderá optar porque o pai disfrute dunha parte determinada e ininterrompida do período de descanso posterior ó parto, ben de forma simultánea ou sucesiva co da nai, salvo que a incorporación ó traballo da nai supoña un risco para a súa saúde. OBSERVACIÓNS: Nos casos de disfrute simultáneo de períodos de descanso, a suma dos mesmos non poderá exceder das 16 semanas ou das que correspondan no caso de parto múltiple. RETRIBUCIÓNS: Non hai desconto de haberes.
|
||||||||||||||||||||