|
|
|||||||||||||||||||||||||||
|
Garda legal LEXISLACIÓN: Lei 4/88 da Función Pública de Galicia, Art. 70.1.f, modificada pola Lei 3/95 (DOG 20-04-95). Modificado polo Real Decreto 2670/1998, de 11 de decembro (BOE 24-12-98) e a Orde do 26 de outubro de 1999 (BOE 28-10-99). DOCUMENTACIÓN: Solicitude persoal, achegando Libro de Familia ou Certificado Médico Oficial. DURACIÓN: Diminución de ata un medio da xornada de traballo (R.D. 2670/1998) . OBSERVACIÓNS: Para coidado directo dun menor de seis anos, ancián que requira especial dedicación (R.D. 2670/1998) ou un diminuído psíquico, físico ou sensorial que non desempeñe actividade retribuída. A garda legal é a relación que existe entre quen ten o seu cargo unha persoa e esta; a relación pode ser por parentesco, testamento ou decisión xudicial. RETRIBUCIÓNS: Reducción proporcional dos haberes. Para o cálculo do valor hora aplicable á reducción se tomará como base a totalidade das retribucións íntegras mensuais que perciba o funcionario/a dividida entre o número de días naturais do correspondente mes e, a súa vez, este resultado polo número de horas que o funcionario/a teña a obriga de cumprir, de media, cada día (R.D. 2670/1998). IMPORTANTE: A Orde do 26 de outubro de 1999, regula a aplicación do Decreto 2670/1998 ós funcionarios docentes. Así, o permiso deberá solicitarse cunha antelación de ó menos quince días ó inicio de cada trimestre escolar, e a súa concesión farase coincidir co mesmo; a diminución de xornada correspondente ó terceiro trimestre do curso prolongarase ata o inicio do curo seguinte. O órgano competente para concedela poderá modifica-los prazos e períodos referidos, exclusivamente naqueles supostos nos que se solicite de forma expresa , acreditando as circunstancias que impiden a súa adaptación ó trimestre escolar. A diminución afectará á totalidade da xornada laboral docente establecida pola normativa en vigor, repercutindo de maneira proporcional nos distintos períodos que conforman a mesma (BOE 20-10-99). |
||||||||||||||||||||||||||