|
|
|||||||||||||||||||
|
|
Excedencia voluntaria por incompatibilidade LEXISLACIÓN: Lei 4/88 da Función Pública de Galicia (DOG 01-06-88), modificada pola Lei 3/95 (DOG 20-04-95). OBSERVACIÓNS: Pódese declarar de oficio ou a instancia de parte cando os funcionarios/as estean en situación de servicio activo noutro corpo ou escala de calquera administración pública, a non ser que obtivesen a oportuna compatibilidade, ou pasen a prestar servicios en organismos ou entidades do sector público e non lles corresponda quedar noutra situación. O tempo non computa ós efectos de trienios e dereitos pasivos. |
||||||||||||||||||