|
|
|||||||||||||||||||
|
|
Excedencia voluntaria por cuidado de familiares LEXISLACIÓN: Lei 39/1999, do 5 de novembro, para promove-la Conciliación da Vida Familiar e Laboral das Persoas Traballadoras (BOE 06-11-99). DOCUMENTACIÓN: Solicitude á Delegación. Concesión obrigada. DURACIÓN: Máximo de 1 ano para atende-lo coidado dun familiar ó seu cargo, ata o segundo grao inclusive de consanguinidade ou afinidade que, por razóns de idade, accidente ou enfermidade, non poida valerse por si mesmo, e non desempeñe actividade retribuída. OBSERVACIÓNS: O período de excedencia será único por cada suxeito causante. Cando un novo suxeito causante dera orixe a unha nova excedencia, o inicio do período da mesma porá fin ó que se estaba disfrutando. Esta excedencia é un dereito individual dos funcionarios, no caso en que dos funcionarios xerasen o dereito a disfrutalo polo mesmo suxeito causante, a Administración poderá limita-lo seu exercicio simultáneo por razóns xustificadas relacionadas co funcionamento dos servicios. O período de permanencia nesta situación será computable ós efectos de trienios, sexenios, consolidación de grado persoal e dereitos pasivos. Durante o primeiro ano, os funcionarios terán dereito á reserva do posto de traballo que desempeñaban. Transcorrido este período, a reserva será ó posto na mesma localidade e de igual nivel e retribución. RETRIBUCIÓNS: Sen retribucións. |
||||||||||||||||||