|
 |
 |
 |
 |
Coacción numeraria
“Kandu murigas sa merda bessi su vragu”
Proverbio campidanese (Sardegna)
Traducción libre ao italiano:
“Se mescoli la m… l’odore si spande tutt’attorno”
Recollido do libro do escritor sardo Sergio Atzeni,
“Il figlio di Bakunìn”
Quen fixo esta historia
para rematar co eco dunha palabra
pechada no subconsciente.
Sodade,
è a miña terra os teus ollos,
xa que perdín toda a convicción
que me unía á historia que outros decidiron facer por min.
E’ a miña superficie o teu corpo
Que me fala de todas as erosións que o fixeron tan mol,
metáfora de outros tantos mundos que sucumbiron
baixo a man húmida da hipocresía.
dille á túa criatura que pape antes da folga xeral, que logo fáltanlle as forzas, da orde.
manda para o carallo a todo san dios, que o di mamá. ninguén merece nada que logo todo se sabe. é sempre peor. polo demais é xa sabido que canto peor mellor.
|
|
 |
 |
Historias de hipermercado
no punto de mira o terceiro comedor de patacas pola esquerda. veña logo que hoxe andan de saldo. a ética anda de saldo, polo particularmente problemático que e mamar.
san dios tamén está comigo, comendo máis que cristo e falando máis da conta.
Ábrete de pernas, como os porcos, ate que unha canle quente de carne mol se encha co cheiro inmundo das túas vísceras.
Desexo liberdade, apertar con forza o interior dun corpo afastado de todo, esquecido entre os fentos.
Bragas enmarcadas
na miña memoria,
o son galopante dos teus soños
enchendo o meu ouvido,
e á fin...,
quen se pertence.
a quen pertencen
as bragas galopantes que
enmarcan a miña memoria,
os soños que me saen polos ouvidos
cando me volvo sobre o leito.
|
|
 |
 |
Froitos en clave
envólveme o carallo en sabas de raso, que ando algo frío.
elvólveme o corazón minusválido entre as túas pernas, é xa incapaz de pensar por si mesmo.
elvólveme o cerebro con carne de alambique que hoxe dou en lembrar.
Non hai, e que carallo vai haber?
Bica retinas e soña sereas por tras de todas as portas que se pechan deixando a escuras a vixilia; escoitando pasos tras dos muros de papel, e intuíndo as formas mentres fitan polas pechaduras co seu fedor típico a corpo mollado de suor e quentura. Sabas que desprenden vapores ao comezo da noite, esperando estar máis quentes e suaves pola mañá, cando a obriga poida máis que o pracer de sentir unha voluptuosidade contaxiosa baixo o fluído visguento e mol do tecido sintético.
Un dedo vertical nos beizos, o aire expulsado polos dous sucos que deixa este na boca moi pechada; un ollar cómplice e un bico tras da orella, mentres da man o leva cara un dos buratos negros que se observan ao fondo do andar de luz, alí deixará de ser a nai discreta, responsable, adicada por completo á súa familia e ao seu traballo; merecido, todo moi merecido. El, tentando vencer os prexuízos cara ela, que pola súa idade xa pensou ter esquecidos, deixase levar, submiso, compracente e cativo, moi pequeno, déixase introducir na escuridade para aprender algo da sensibilidade, da dozura e da lentitude que sen reclamala será requirida.
|
|

|
|
|